Papel reciclado

En plástica, imos facer papel reciclado... 

Material necesario de casa:
- un trapo liso ou camiseta 
(so é para secar, non se vai estropear)
- un vaso de batidora

Maios no cole

 Por mor do día das Letras Galegas, hoxe celebramos os Maios no cole con Blanca 



   

Cumple de Raúl

 E Raúl cumpriu 12 anos tamén !!!... trouxo para tod@s unhas pulseras moi chulas

MOITAS FELICIDADES !!!
e GRACIÑAS

malo será 😁

Poliños no cole

Fai uns días viñeron dende Pontevedra para deixarnos uns ovos de distintas aves nunha incubadora... dende o luns naceron 44 poliños !!!! e hoxe fóronse buscar novos fogares...

Cadros moi realistas

En relixión, Elvira propuxo ás familias recrear cadros famosos... da clase foron tres familias as que se animaron e así de ben quedaron... bravo !!!



PRECIOSO PARA OS TRES !!

Cumple de Sergio

 E o noso Sergio fíxose maior... 12 anos !!! ... como crecedes...


MOITAS FELICIDADES !!!!
e graciñas polos agasallos tan chulos e prácticos

Camiño de Santiago

 Fai tempo fixeramos a última etapa do Camiño de Santiago: desde o Monte do Gozo ata chegar a Santiago de Compostela, á Praza do Obradoiro... foi un día moi chulo e pasámolo moi ben