Destripando un pañal

En DiverCiencia hoxe desfixemos un pañal desbotable para ver que hai dentro.

Descubrimos que hai un polviño, chamado poliacrilato de sodio, que é super absorbente e por iso os culetes dos bebés están secos.

Para probalo, a profe sacou ese polviño e botamos moita auga que foi totalmente absorbida; a textura que resultou parecía neve !!