Aquí están os zombies de 5º A... posando, pululando, merendando asquerosidades e vendo unha peli: Brujas
Mago David e o cambio climático
O pasado día 24 de outubro celebrouse o Día das Bibliotecas Escolares e o Día Internacional contra o Cambio Climático.
No cole, -organizado desde a nosa Biblioteca- tivemos a sorte de ver un espectáculo de Maxia moi especial, porque todos os trucos tiveron moito que ver co cambio climático e máis concretamente, co coidado dos océanos e das súas augas.
Ademais foi o primeiro cumple da mascota da Biblioteca: Libeteca
Coa presentación deste vídeo comezou David a súa actuación
Estreando os ordenadores
O outro día, estreamos os ordenadores do cole...
Son xeniais, pequenos, novos e coa pantalla táctil !!!
Estivemos traballando na Aula Virtual, facendo exercicios de acentuación das palabras... é moi divertido traballar así 😁
O universo
Sobre o noso satélite natural
Pokémons
Todos temos algún Pokémon... ata a profe... que comezou unha colección dixital de Pikachus 😁
Tiro con arco
O outro día estiveron con nós Fon, Tamara e Otero para ensinarnos un pouco dun deporte non habitual: o Tiro con Arco.
Eles pertencen á Escola Lucense de Tiro con Arco e primeiro explicáronnos, no salón de actos, algunhas cuestións técnicas como os tipos de arcos e de frechas, as proteccións, a maneira de coller o arco, os tipos de disparos e as distancias... e antes de practicar soubemos encontrar o noso ollo principal 😉
Logo, fomos practicar nós...
Esquemas y resúmenes
Pouco a pouco comezaremos a facer os nosos propios esquemas (ou mapas mentais) e resumos.
Nestes vídeos podemos ver os pasos para facelo.
Meriendas compartidas
Estes días Ossian e Juan olvidaron as merendas e o resto dos compis foron moi solidarios e compartiron ás súas con eles















