Contra a Violencia de Xénero

 Hoxe 5º de primaria participou nun obradoiro xestionado polo Concello sobre a Violencia de Xénero, máis concretamente a ciberviolencia; levouno a cabo Maider Perea, da empresa Pantallas Amigas, que se dedica á promoción do uso seguro e saúdable de internet e outras TIC na infancia e adolescencia, entre outras cousas.

Participaron moi activamente atendendo, preguntando, contestando, opinando, aportando... e rematamos cantando a canción de Rozalén, La puerta violeta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario