Por fin celebramos as eleccións xerais para elixir Delegad@ de 5º A. Trala xornada de reflexión e previa consulta dos programas dos partidos presentados, efectuáronse as votacións e o alumnado de 5º A exerceu o seu dereito ao voto; elixiron -entre moitas- a papeleta do seu partido favorito, meterona no sobre e por último introducirona na urna. Posteriormente levouse a cabo o escrutinio e reconto dos votos emitidos.
Todo o proceso levouse a ca cabo nun ambente moi democrático e de respecto entre as distintas forzas políticas.
Dende aquí, damos a noraboa a tódolos partidos presentados e por suposto a representante de 5º A, Claudia Carreira Freire,
PARABÉNS !!
No hay comentarios:
Publicar un comentario