Chegou o día !!! ... Por fin imos de excursión !!
Fomos os 30 de 5º máis Irene, Cristina, Sonia e Rubí e Lucía que se apuntou de sorpresa 😍.
O bus deixounos en Ferreiros, onde comezamos a camiñar. Compartimos camiño con moitísimos peregrinos dun montón de países: filipinos (Rubi emocionouse moito), americanos (de California, de Arizona...), australianos, italianos, de Laponia (onde vive Papa Noel!), coreáns, de Chequia, belgas, alemáns, malasios, franceses... tamén atopamos algúns españois de Barcelona, Tarragona, Navarros... impresionante !! Foi moi divertido preguntarlles: Where are you from?... e logo, xa máis animados, se eran do Barça ou do Madrid; ata que chegou un grupo que eran do Betis... e coñecimos a Antonio, un chaval de 4º da ESO de Sevilla que facía o camiño xunto cos seus 49 compañeir@s e mestres.
Camiñamos moi ben, a ruta foi moi bonita e fixo bo tempo. Chegamos a Portomarín, xogamos no parque e comimos; logo fomos dar un paseo, comprar chuches, xeados e souvenirs😕 bastante careiros.
Pasámolo xenial !!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario