Excursión de fin de curso

 Por fín chegou o día da excursión !!!

Aínda que o tempo non é moi soleado, fixo moi boa temperatura... A primeira visita foi en San Cipriá, no Museo do Mar; alí, Ángeles unha muller cega, explicounos fenomenal o que ten ese museo, que foi a primeira escola do pobo... vimos cousas moi interesantes de barcos e de restos de baleas, rorcuais e cachalotes... que ósos tan inmensos.

Logo, fomos ao astilleiro de ribeira de Paco Fra; que lugar tan bonito, cheo de madeira, maquetas de barcos, fotos de barcos, pezas de barcos, historias de barcos... aprendimos moito vocabulario naval grazas a Paco Fra: proa, popa, estribor, babor, eslora, manga, cabo, calafate, estopa, boia, achicar, botar, cuaderna, bigota, botavara, chalana, timón, bitácora... 

Paco é un artesano que fabrica barcos a mán... é a oitava xeneración da súa familia nesta profesión!

Logo fomos comer nun pista de skate ao ladiño do mar.

Trala comida fomos cara á praia das Catedrais... miña nai querida!! que tempo tan horrible na viaxe, chovendo, con moita néboa... pero foi chegar á praia e saiui o sol !!! 
Cambiámonos rápidamente e baixamos; Carlos e Quique explicáronnos sobre a formación deste monumento natural... pero tiñamos moitas ganas de bañarnos e metímonos en tódalas pozas, grandes, pequenas e medianas... foi xenial !!!
Logo, cambiámonos e fomos tomar un xeadiño... e volta para casa.
Foi un día fantástico !!


No hay comentarios:

Publicar un comentario