O pasado xoves 6º de primaria foi á Coruña para disfrutar o día de xeito científico, celebrando o mes de novembro declarado Mes da Ciencia.
Primeiro visitamos a Casa das Ciencias e vimos unha película sobre o universo no planisferio, coa impresionante pantalla de 360 º
Logo fomos ao Acuario, onde comimos rapidamente, para poder facer un percorrido xunto co Eduardo, o guía, polas distintas salas e ver milleiros de peixes grandes e pequenos, feos e bonitos...
Por último, rematamos no Muncyt, (Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía), onde poidemos ver un montón de aparellos utilizados polos nosos maiores, un cacho de avión... e fixemos un obradoiro de electricidade estupendo.
Foi un día moi intenso onde o pasamos fenomenal




No hay comentarios:
Publicar un comentario