Poemas de Nadal

Fixéronse tamén uns poemas... uns máis inspirados ca outros, tamén é verdade... a ver se hai sorte e sae algún gañador ou gañadora desta tamén

Bo Nadal !

Dende aquí quero felicitar a tódalas familias de 6º A coas preciosas postais de nadal que fixeron @s vos@s fill@s para o concurso do Concello; ademáis, informo que a de Juan David foi a gañadora da súa categoría... 
Noraboa Juan David !!!!


Día do emigrante

 O pasado día 18 de decembro celebramos no cole o día do Emigrante. Viñeron  moitas nais e un pai de compañeir@s do cole para falarnos do seus países de orixe... trouxeron moitas cousas: bandeiras, comida, roupas típicas, billetes e moedas, utensilios ... e o máis importante, o seu tempo para nós... contáronnos moitas cousas de Uruguay, Portugal, Argentina, Argelia, Marrocos, Chile, Rusia, Francia e por suposto Colombia, de onde é Sonia, a nai do noso Juan David, que tivemos a sorte que nos explicara na clase, tranquilamente ao día seguinte.

Encantounos... foi moi bonito !!

Graciñas a tod@s

Visita sorpresa

 Onte veu vernos de sorpresa... Lucía !!!! a nosa profe de prácticas do curso pasado... 

Que bonito detalle... e trouxo para tod@s un brazo de xitano riquísimo

Moitas gracias Lucía !!!

Matemáticas navideñas

 Como no podía faltar, hoy hicimos matemáticas... NAVIDEÑAS !!!! con nuestros catálogos de juguetes, haciendo operaciones y repasando mcm, mcd, raíces cuadradas... ojalá siempre fueran así...

Educación vial, primeiros auxilios e cross

 O venres pasado fixemos un percorrido por tres actividades no cole moi interesantes e divertidas: educación vial, cross coas bicicletas do Club de Outeiro de Rei e primeiros auxilios cunha ambulancia da Cruz Vermella.

Estivo moi ben !!



Traballos de Naturais

 En naturais fixemos uns traballos en equipo que logo expuxeramos ao resto da clase... traballamos moito e moi ben e ademais encantounos facelos




Cumple de Natalia

 O pasado xoves 14 a nosa pequerrecha da clase cumpriu 11 anos ... xa é moi vella, como lle dixo Paula.

Trouxo un regaliño para tod@s precioso.



MOITAS GRACIAS 😍😍😍 POLO TEU TRABALLO NATALIA !!!! 
FELICIDADES !!!