I Torneo Colpbol no cole

David, o alumno de prácticas de educación física, organizou un torneo de Colpbol con todo o alumnado de primaria. Formáronse equipos dende 1º ata 6º de primaria e foron xogando tod@s entre tod@s.

En 5º A formáronse dous equipos: Diables e Chikes, ámbolos dous mixtos, por suposto.

Todos os partidos do torneo foron arbitrados pol@s compañeir@s maiores e resultaron moi emocionantes, sempre reinando a deportividade.

Á final chegaron Chikes de 5º A e Golden Team de 6º A. Palpábase a emoción en tod@s... que tensión, que nervios... o resto de compañeir@s decidiron a quen animar desde a grada. Antes de baixar ao recreo 5º A estaba moi preparado e disposto a gañar, co gran apoio do resto de compañeir@s.

Por fin chegou o recreo e a hora da verdade. Chikes, perfectamente equipados e cos nervios a flor de piel. As gradas a tope, animando, gritando, celebrando... precioso !!

E comeza o partido... Chikes foi claramente superior e o xogo foi practicamente todo o rato no campo da súa portería... primeiro gol!! ... bravoooo!!... a grada vénse abaixo... anulado por un pé... ohhhh!!

Segue o xogo e outro gol para Chikes !!!! ... a grada enloquece... fin da primeira parte e cambio de campo.

Chikes segue atacando duramente e consiguen marcar outro golazo (Ossian, bravo !!!) pero é anulado tamén por outro pé.

Final do partido: Chikes 1 - Golden Team 0

Que emoción !!!  A grada estalla en gritos e alegría...


Esta actividade foi preciosa dende o comezo. Todo o alumnado de primaria participou dunha ou outra maneira e a emoción do último partido foi compartida por tod@s: pequen@s e maiores (e José Luis que estaba con Asier na grada😁)
Ao día seguinte houbo diplomas e medallas.



Por parte de Chikes, teño que recoñecer o bo xogo e a deportividade amosada; pero por parte de todo o alumnado de 5º de primaria hai que destacar o COMPAÑERISMO demostrado, como se pode ver ao final do partido, celebrando os 30 xuntos que 5º foi o campión.
PRECIOSO !!!
NORABOA A TOD@S !!!
GRACIÑAS DAVID

Para saber más del Colpbol pincha aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario