Barco dragón

 Hoxe fomos a palear no barco dragón do Club Cidade de Lugo de piragüismo; fomos todo 5º de primaria e pasámolo moi ben !


Día de Portas Abertas

 Onte  recibimos moitisimas visitas das familias do cole para ver todos os traballos feitos polo alumnado... están expostos por todo o cole... é moi bonito de ver... que artistas, que cousas tan bonitas hai...

En 5º A tivemos dúas estupendas guías: Alicia e Claudia, cun pinche, Martín; foron explicando os nosos xogos de reciclaxe a tódalas familias que pasaban por alí... incluídos Yoel e Ossian 😁 

Bravo chicas !!!

Cumple de Raúl

 Raúl tamén cumpliu e xa ten 11 anos !!!

Graciñas polo doce 😋


MOITAS FELICIDADES !!

Cumple de Xián

 Con bastante retraso aí vai o cumple de Xián !!!!

Perdón polo despiste Xián... 😁


MOITÍSIMAS FELICIDADES !!!
e graciñas polas chuches 😋😋

Cumple de Mara

 Mara tamén cumpriu 11 anos... que maior !!!


MOITAS FELICIDADES MARA !!!
e graciñas polas gominolas

Os maios

Hoxe celebramos os Maios con Blanca Villares... íamos de blanco e con moitas flores... fomos enchendo a estructura... logo cantamos e bailamos xuntos... 

Excursión de 5º... por fin !

 Chegou o día !!! ... Por fin imos de excursión !!

Fomos os 30 de 5º máis Irene, Cristina, Sonia e Rubí e Lucía que se apuntou de sorpresa 😍.

O bus deixounos en Ferreiros, onde comezamos a camiñar. Compartimos camiño con moitísimos peregrinos dun montón de países: filipinos (Rubi emocionouse moito), americanos (de California, de Arizona...), australianos, italianos, de Laponia (onde vive Papa Noel!), coreáns, de Chequia, belgas, alemáns, malasios, franceses... tamén atopamos algúns españois de Barcelona, Tarragona, Navarros... impresionante !! Foi moi divertido preguntarlles: Where are you from?... e logo, xa máis animados, se eran do Barça ou do Madrid; ata que chegou un grupo que eran do Betis... e coñecimos a Antonio, un chaval de 4º da ESO de Sevilla que facía o camiño xunto cos seus 49 compañeir@s e mestres. 

Camiñamos moi ben, a ruta foi moi bonita e fixo bo tempo. Chegamos a Portomarín, xogamos no parque e comimos; logo fomos dar un paseo, comprar chuches, xeados e souvenirs😕 bastante careiros.

Pasámolo xenial !!!